Cada persoa precisa o seu tempo, o seu espazo e a súa mirada

A Práctica Psicomotriz Vivenciada ten como obxectivo favorecer a maduración psicolóxica dos nenos e nenas pola vía sensoriomotora.

Sala psicovivenciada

«Non podes impedir que un neno se mova, sería a represión total da súa evolución.»

— Bernard Aucouturier

Psicomotricidade infantil en Ourense: acompañamento adaptado a cada neno

A Práctica Psicomotriz Vivenciada está indicada para nenos e nenas entre os 8 meses e o os 12 anos que, por diversas causas, teñen que facerlle fronte a dificultades no seu proceso madurativo:

Atrasos no desenvolvemento

Descompensacións ou desaxustes no desenvolvemento madurativo

Hiperactividade, déficits de atención

Alteracións do equilibrio e da coordinación

Trastorno do espectro autista

Axitación ou inhibición motriz

Dificultades no ámbito relacional

Dificultades no ámbito da comunicación

Alteracións na organización do pensamento cognitivo: dificultades de aprendizaxe

Desaxustes emocionais: baixa tolerancia á frustración, angustias excesivas, dificultade para a separación

Dificultades auditivas, visuais, motoras que afecten a capacidade de explorar o medio

Nenos ou nenas prematuros

Dificultades de vinculación: adopcións, ambientes diferentes…

Psicomotricidade infantil

A quen vai dirixida a Psicomotricidade Vivenciada

A Psicomotricidade Vivenciada ten un carácter educativo e preventivo ante posibles dificultades de comportamento ou aprendizaxe.

Observar o que un neno/a fai, como o fai e para que o fai, convértese nun instrumento de diagnóstico infantil para a psicomotricista.

Niveis de intervención: terapéutico, reeducativo e educativo-preventivo

No tocante ás necesidades dos nenos e nenas, diferenciamos tres abordaxes:

Individual

Nivel terapéutico

Realizamos sesións de traballo individual cando a dificultade ou nivel madurativo do neno ou nena precisa da atención directa da psicomotricista.

Pequenos grupos

Grupo de axuda

Traballamos en pequenos grupos. A súa finalidade é acompañar aquelas crianzas que presentan dificultades no seu desenvolvemento e poden beneficiarse da experiencia de integración nun grupo de iguais.

grupos numerosos

Nivel educativo preventivo

Agrupámolos por idades e/ou desenvolvemento madurativo. Este nivel está pensado para nenos/as que non presentan dificultades no seu desenvolvemento e cos que buscamos favorecer a súa maduración física, psicolóxica e emocional, e prever posibles dificultades de desenvolvemento.

Comeza a túa viaxe con Agrilar

Acompañamos a cada neno e nena no seu desenvolvemento único, respectando os seus tempos e necesidades.