Un lugar para o encontro co benestar e o desenvolvemento harmónico da infancia

Un espazo seguro no que vivenciar o pracer de facer, xogar e crear. Acompañamos de xeito activo a cada neno e nena.

Centro de pedagoxía e Psicomotricidade Vivenciada Agrilar

Agrilar, un espazo pensado para medrar

Psicomotricidade Vivenciada en Ourense: corpo, emoción e desenvolvemento infantil

Mirada global do desenvolvemento

Acompañamos a infancia desde unha comprensión profunda do seu corpo, emocións e vínculos para tratar a orixe da súa dificultade, e non só o síntoma que manifestan.

Acompañamento real ás familias

Ofrecemos un espazo de escoita e seguridade para que as familias poidan entender o que lle ocorre ao seu fillo ou filla e sentirse apoiadas durante todo o proceso.

Un lugar seguro, cálido e profesional

Creamos un ambiente no que poder expresarse, moverse e crecer con liberdade, nunha contorna que coida o seu ritmo e a súa singularidade

Que é a práctica psicomotriz vivenciada?

É un modelo de intervención creado por BERNARD AUCOUTURIER que ten como obxectivo favorecer a maduración psicolóxica dos nenos e nenas pola vía sensoriomotora. 

Por medio do corpo, da acción e do movemento, teñen a posibilidade de realizar múltiples experiencias corporais que xorden dun xeito natural e que lles permiten construír a base fundamental do seu pensamento, da súa propia consciencia, da comunicación e da apertura aos procesos de socialización.

"Agrilar significa brotar, medrar con forza e vida. Así é como acompañamos a cada neno e nena: respectando o seu proceso único de crecemento".

Equipo de Agrilar

Últimas entradas do blog

5 razóns polas cales confiar na psicomotricidade vivenciada

Comeza a túa viaxe con Agrilar

Acompañamos a cada neno e nena no seu desenvolvemento único, respectando os seus tempos e necesidades.